martes, 12 de junio de 2012

CAIXA DE SOLIEDARIDADE PARA OS COMPAÑEIROS/AS EN FOLGA DA UR-1

Hoxe abriuse unha conta en Bancorreos na OP de Vigo, para que cada compañeiro/a aporte o que boamente poida para axudar  economicamente ós traballadores/as que secundan  a folga.

E un acto totalmente voluntario o feito de aportar cartos  nesa conta, pero consideramos que e un acto de Solidariedade con estes compañeiros/as que xa levan hoxe sete dias de folga.

O numero de conta e o seguinte: 0019-4100-56-4210003714.
A entidade bancaria e Bancorreos.

Moitas grazas pola vosa soliedaridade.



jueves, 7 de junio de 2012

CORREOS REPRIME OS TRABALLADORES EN FOLGA.

A empresa esta a porse nerviosa , e esta comezando a tomar medidas represivas e intimidatorias contra os traballadores que secundan a Folga convocada na UR-1 de Vigo.
Onte dia 6 de Xuño os carteiros foron revisados un tras un antes de sair a reparto, para comprobar o que levaban. Esta operacion repetiase a volta do reparto para ver o que traian de volta.
Nos cremos que iso e unha medida represiva e tamen dubidamos sobre se se esta a levar a cabo cos traballadores que non secundan a folga.


Hoxe dia 7 de Xuño a cousa foi a maiores, xa que se obligou a tres compañeiros a entrar no despacho do Xefe de Distribucion en presencia do Xefe de Relaccions Laborais e do Xefe de Explotacion Postal y Telegrafica.
Todo isto sen permitir a entrada os represantantes dos traballadores elexidos legalmente.

Para nos esa e unha medida totalmente MAFIOSA e intimidatoria contra os compañeiros que secundan a folga.

Tamen cabe sinalar a rapida actuacion do resto dos compañeiros que sairon en defensa dos compañeiros interrogados e negaronse a entrar no despacho.


Dende a CIG pensamos que o debemos a estar fecendo ben xa que a empresa esta a porse nerviosa.


Se seguimos unidos esta batalla temola gañada.

miércoles, 6 de junio de 2012

TERCEIRO DIA DE FOLGA NA UR-1 DE VIGO

Hoxe dia 6 de Xuño de 2012, xa facemos 3 dias de folga na UR-1 de Vigo.
Seguimos cun amplo seguimento por parte dos compañeiros, e a dia de hoxe hay nesta unidade mais 110.000 Envios ordinarios ademais de 1.500 Certificados acumulados.
A Correos parece que esa acumulacion non lle interesa xa que de momento non nos chamou a dialogar.

Dende a CIG  alentamos os compañeiros a seguir nesta loita , que coa unidade de todos imola gañar.

viernes, 1 de junio de 2012


 IMAXES DA CONCENTRACION DE DIANTE DE CORREOS DIA 1 DE XUÑO.

OS EFECTOS DOS RECORTES


 

 




                                           OS EFECTOS DOS RECORTES.
Hoxe dia 1 de Xuño , comezáronse a aplicar na UR-1 de Vigo , os recortes decididos pola empresa nesta unidade. Debido a estes recortes puidemos comprobar persoalmente que hoxe na UR-1 de Vigo quedaron sen clasificar gran cantidade de envíos, o cal demostra que a esta empresa non lle interesa dar un servizo de calidade o centro económico e financeiro da maior cidade de Galiza.
Sirvan de exemplo este números:
No Dto. 1 quedan sen clasificar 11 Caixas grandes e 3 Caixas pequenas.
No Dto. 2 quedan sen clasificar 8 Caixas grandes e 1 Caixa pequena.
No Dto. 3 quedan sen clasificar 2 Caixas pequenas.
No Dto. 4 quedan sen clasificar 13 Caixas grandes.
Outro aspecto que nos parece indignante e que inda esten as mesas sen rotular cos novos barrios, e os compañeiros anden a saltar de mesa en mesa para clasificar. Isto e mais indignante xa que desde fai tempo se sabían estes cambios.